Cada 23 de febreiro en Galicia facemos unha gran homenaxe a nosa ben querida e coñecida poetisa Rosalía de Castro; no cole os nenos e nenas de infantil tivemos todos xuntos un despertar especial onde lembramos a autora cun conto sobre a súa vida e obra, escoitamos o poema Rosalía pequeniña cantado por Uxía, bailamos ao son da muiñeira e decoramos un precioso marca-páxinas.