¡FAI AS MALETAS!
TAREFA 0
QUE IMOS TRABALLAR?
Unha vez levado a cabo o desafío inicial, continuamos coa Tarefa 0.
Nesta unidade de traballo , definimos os tres fíos conductores que nos guiarán durante o proxecto, analizamos o índice coas distintas tarefas e máis detalladamente a tarefa 0.
Levamos a cabo o semáforo de autoevaluación do desafío inicial, elaboramos o noso plan de equipo ( turistas, monumentos, comidas ou medios de transporte) e a rutina de pensamento, Chuvia de ideas, que resultou un verdadeiro torrente de ideas.
Rematamos ca metacognición inicial, quedando claro que o noso alumnado ten moitas gañas de aprender neste proxecto tan interesante.
Avanzamos un paso neste proxecto trimestral....seguiremos camiñando!