Páginas

Páginas

domingo, 16 de abril de 2023

                                                           FAI AS MALETAS

                                                              DESAFÍO INICIAL

Son moitos os beneficios de  traballar  por Proxectos: os nenos e nenas traballan de xeito creativo e autónomo, sacándolle o máximo partido ao seu propio potencial, sendo conscientes dos seus pensamentos e ideas, aprendendo a traballar en equipo, entre outros moitos.

Para que este modelo de aprendizaxe funcione, temos que facer unha boa planificación, garantizando, dese xeito uns excelentes resultados.

Por iso, en Casa do neno, co comezo do terceiro trimestre levamos a cabo o noso DESAFIO INICIAL, buscando despertar a curiosidade do noso alumnado cun pequeno teatrillo moi divertido, da man de Xertrudis e Azucena.

motivación e o afán descubridor do noso alumnado saíron voando, decidindo que  viaxaremos con elas por fermosos lugares, porque sen dúbida, conseguimos que os nosos alumnos e alumnas estean dispostos a aprender moitas cousas sobre eles.

¡¡Fixemos as maletas e temos preparados os nosos pasaportes, así que arrancamos o noso proxecto/viaxe!!

                                                       FAI CLICK NA FOTO E VERÁS MÁIS