Páginas

Páginas

miércoles, 17 de mayo de 2023

                                                       60 ANIVERSARIO

                                                       LETRAS GALEGAS 

Despertamos hoxe cun dos días máis especiáis do noso calendario galego: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, homenaxeando un ben que temos, que disfrutamos, que nos caracteriza e que queremos coidar: o noso idioma e a nosa cultura.

Dende 1963, ano no que se cumplían 100 anos da publicación do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, cada 17 de maio, adicámolo a exaltar e difundir a obra dunha personalidade destacada polo seu traballo literario ou filolóxico no galego (pasado polo menos 10 anos do seu pasamento) , homenaxeando este ano a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RÍO, escritor, ensaista, intelectual, político e o fundador da Editorial Galaxia.

Coincidindo ca celebración do 60 ANIVERSARIO do primeiro Día das letras galegas, os alumnos e alumnas do segundo ciclo de Educación Infantil de CASA DO NENO, recordamos e honramos a varios dos homenaxeados ao longo destes 60 anos, e fixemos un fermoso mural con tódolos nomes, un puzzle ca figura de Francisco Fernández del Riego, rematando, como non podía ser doutro xeito, bailando e cantando diferentes cancións galegas, escollidas con moito agarimo polo noso mestre de Educación Musical, Carlos.

                           "Se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma"  Castelao.   

                                                     FAI CLIC E VERÁS MÁIS IMÁXENES