Páginas

Páginas

miércoles, 8 de marzo de 2023

                                                                 DÍA DA MULLER

                                                                       8 MARZO

Non poidemos deixar de festexar o Día da muller co noso alumnado, xa que resulta imprescindible comezar por educar aos nenos e ás nenas dende pequenos no respeto hacia os demáis, e tratar de inculcar valores que transmitan que todas as persoas, homes e mulleres, teñen os mesmos dereitos.

Dese xeito, adicamos parte do día de hoxe a ensalzar o valor das mulleres, sinalando que na actualidade as mulleres poden traballar do que lles guste e que non existen traballos de homes ou traballos de mulleres, pero que fai anos non era así de sinxelo.

As actividades levámolas a cabo nunha asamble conxunta cos compañeiros e compañeiras de 4º e 6º curso, na que en primeiro lugar, falamos sobre as mulleres tan importantes que temos na nosa vida, como as nosas nais, irmáns, tías...para en segundo lugar, incluir na nosa conversa a varias mulleres célebres na historia, cómo Anne Bonny (unha pirata) ou Samantha Cristoforetti (astronauta), centrando a nosa atención en ISABEL BARRETO, que foi a primeira muller co cargo de almirante na navegación española, e que ademáis era galega.

Presentámoslles ó noso alumnado a cara de Isabel Barreto, para que eles debuxaran o resto do corpo.

A continuación pegaron ese dibuxo nun barco de papel dun xornal ( xa que esta semana tamén conmemoramos á prensa) permitindo dese xeito, que a nosa exploradora continuara  navegando polos grandes mares.

                                                     

   

                                                                 ¡¡¡ FAI CLICK NA FOTO!!!!