TAREFA 2 OÍDO COCIÑA!!
Descubrir os alimentos de diferentes países do mundo, proporciónalle aos nosos cativos un coñecemento cultural sobre a diversidade doutras nacións, dándolle a oportunidade de ampliar o seu vocabulario e promovendo ao mesmo tempo a tolerancia e o respeto.
Por iso, na tarefa 2 do noso proxecto, prestamos especial atención a ampliar o paladar dos nosos alumnos e alumnas, centrando a nosa atención en México, Xapón e Estados Unidos, aproveitando para coñecer tamén as súas bandeiras.
Salientamos, como non podía ser doutro xeito, a dieta mediterránea, porque todos sabemos que os alimentos do noso país, ademáis de ricos, son moi saudables.
Apostamos por unha educación integral do noso alumnado, axudándolles a desenvolver unha mentalidade respetuosa hacia a diversidade cultural e alimenticia.
Non queremos deixar rematar o curso, sen destacar a coordinación nos nosos proxectos, xa que resulta esencial para garantir unha experiencia educativa coherente, e apoiar o desenvolvemento do noso alumnado. Por iso, nesta tarefa 2, o teacher Javi, tamén traballou os alimentos con nós.
Garantimos un ambiente de aprendizaxe enriquecedor na nosa aula.
PREME AQUÍ E VERÁS MÁIS IMAXES