TAREFA 3 FOLIADA!!!!
Co traballo do noso proxecto FAI AS MALESTAS, axudamos ao noso alumando a situarse nun contexto xeográfico máis amplo, e a comprender a diversidade de países e culturas que existen en diferentes lugares do mundo.
No paso da comprensión básica da nosa ubicación no mundo, chegamos á TAREFA 3, na que disfrutamos bailando coas músicas tradicionais de varios lugares repartidos polo mundo: Arxentina, México, África, Hawái...e como non, da nosa fermosa música galega.
O BAILE é unha actividade con moitos beneficios para os nosos cativos. Estimula a concentración, a memoria ou o seu oído musical, ao mesmo tempo que axuda a mellorar a súa autoestima, a desinhibirse e a relacionarse con todos os seus compañeiros e compañeiras, por iso na nosa aula utilizamos a música e o baile en multitude de ocasións.
Nesta TAREFA 3, disfrutamos, aprendemos e desenvolvemos habilidades importantes para o noso alumnado, á vez que promovemos o respeto pola diversidade cultural.
BAILAMOS?
¡ FAI CLIC E VERÁS A NOSA FOLIADA !